O espazo urbano

Esquema
10.1 O proceso de urbanización en España.

10.1.1 Concepto de cidade.
10.1.2 Axentes sociais urbanos.
10.1.3 Urbanismo e ordenación do territorio.
10.1.4 Morfoloxía urbana (tipos de planos).
10.1.5 Funcións urbanas.

10.2 Fenómeno urbano en España.
10.2.1 A cidade preindustrial.
10.2.2 A cidade industrial.   
10.2.3 A cidade postindustrial.
10.2.4 Xerarquías e redes urbanas en España.

10.3 Transformacións recentes na estrutura das cidades.
10.3.1 Cidade difusa.
10.3.2 Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).
10.3.3 Cambios de uso no solo urbano.

10.4 Impacto ambiental da urbanización.


10.1 O proceso de urbanización en España.

Concepto de cidade. 

Definir a cidade non é doado e debe combinar unha serie de variables.
Criterios: 

  • Criterio cuantitativo: Núcleos superiores a 10.000 habitantes. Non vale para o caso galego onde a maioría da poboación non vive na cabeceira do concello. Na Andalucía tampouco vale por canto que son núcleos grandes, pero de características rurais.
  • Criterio morfolóxico: aspecto formal: alta densidade de edificios, predominio da edificación en altura, poboamento concentrado.
  • Criterio funcional: a poboación vive das actividades relacionadas co secundario e terciario.
  • Criterio sociolóxico: unha maior diversidade social e privacidade, unha tendencia ao cambio, a un maior dinamismo da cultura urbana
  • Criterio espacial: a capacidade de organizar o espazo que lle arrodea. Capacidade de influir sobre os núcleos próximos cos que se relaciona. 

Como consecuencia de todo isto podemos concluír que para estar un núcleo urbano debemos ter unha poboación superior aos 10.000 habitantes, pero tamén que sexa unha entidade onde se produza unha elevada concentración de poboación adicada aos sectores secundario e terciario, con alta densidade edificatoria, que exerza unha influencia sobre o espazo circundante e cun dinamismo cultural e social evidente. As cidades ofrecen máis oportunidades laborais e de formación, son centros de intercambio de formación e con menos condicionamentos sociais

Morfoloxía urbana (tipos de planos).

O aspecto externo dunha cidade atópase influída por unha serie de factores.Atopase influida polo emprazamento e a situación

Emprazamento : lugar exacto sobre o que se asenta unha cidade. Os máis habituais son ao carón dos ríos, en lugares costeiros resgardados, na aba dun promontorio ou preto dos recursos

Situación : posición relativa da cidade respecto a un contorno máis amplo co que se relaciona de acordo coa función que cumpre esa cidade

A morfoloxía é o resultado do plano, construcción e usos do solo

  • O plano pode ser: irregular ou orgánico ( as rúas, os edificios e os espazos libres están distribuídos sen unha forma predefinida), radioconcéntrico ( as rúas principais conectan o centro co exterior e hai outras transversais que interconectan as radiais principais) e ortogonal ( as rúas cúrtanse entre si en damero)
  • A trama urbana ou densidade de edificación e a propia edificación son importantes para ver o aspecto desa cidade. Pode ser unha trama compacta onde apenas hai espazos verdes ou prazas  e, pola contra, unha trama aberta onde hai espazos libres entre os edificios. A edificación pode ser colectiva, en altura, ou individual a base de vivendas acaroadas
  • Os usos do solo: o tipo de actividades que se dan dependendo da zona da cidade: comercial, residencial, educativo, deportivo, equipamentos, espazos libres.

Funcións urbanas.

A función da cidade é a  actividade principal que se realiza nela e que condicoina a súa relación co territorio circundante. Son os empregos dominantes os que definen a función xeral da cidade

  • Residencial turística: oferta apartamentos e equipamentos aos visitantes para que gocen dun tempo de lecer. Un exemplo sería Benidorm
  • Militar. Un exemplo é Ferrol, cidade creada para albergar o arsenal e os asteleiros da Armada. Prima a localización protexida e o carácter estratéxico do emprazamento.
  • Relixiosa. Un exemplo sería Santiago de Compostela. Se ben esta función hoxe está integrada xuntoa outras, non cabe dúbida que é a orixe da cidade.
  • Comercial: nas cidades concéntranse as actividades de intercambio que se traducían no pasado na localización de feiras e mercados e que na actualidade continúa nos centros das cidades onde se localiza a actividade comercial máis especializada para ofrecer os seus produtos á poboación da cidade e arredores.
  • Administrativa: As cidades administrativas teñen na relación entre o cidadán e os diferentes niveis da administración do Estado unha das actividades creadoras de emprego. Un exemplo serían as capitais de provincia.
  • Industrial: Naquelas cidades onde se concentra a actividade de transformación e manufactureira. Un exemplo podería ser Vigo. A industria foi un dos factores de crecemento das cidades máis importantes.
  • Nodo de comunicacións: Aquelas cidades que están emprazadas en cruce de comunicacións adoitan ter unha posición estratéxica para distribuír mercadorías a outras rexións.Un exemplo sería Zaragoza
  • Universitaria: Naquelas cidades onde se localizan universidades que producen capital humano e por conseguinte atraen a novos veciños para proporcionar aos seus fillos unha educación superior e ás empresas innovadoras que buscan a proximidade de centros de investigación.

Axentes sociais urbanos.

Na  construción  do  espazo  urbano  interveñen diversos  agentes,  en moitas ocasións con intereses contrapostos: 

  • Os  propietarios  dos solares potencialmente edificables. Aínda que a propiedade privada está protexida pola lei, para evitar que os intereses privados supoñan un obstáculo ao crecemento ordenado dunha cidade, a lei regula fórmulas onde se concede a iniciativa urbanizadora aos poderes públicos a través da expropiación e da cualificación do solo.
  • Os promotores inmobiliarios que adquieren o solo, urbanizan e levantan edificacións e venden as vivendas, oficiñas ou locais comerciais.
  • Os  compradores  dos bens inmobles que dependendo do seu poder adquisitivo ou da necesidade concreta de adquirir un ben inmoble animan o mercado inmobiliario. 
  • Os  poderes  públicos que teñen a obriga de  dirixir  o  crecemento  urbano,  de ordenar a  través do planeamento e de evitar os procesos especulativos que provocarían a perda de calidade de vida, de calidade urbanística e o bo funcionamento da cidade. 
  • A  cidadanía que a través dos seus representantes debe facerse escoitar polos resposnables de xestionar a cidade. Os procesos de construír a cidade nunha sociedade democrática esixen abrir canles de diálogo cos veciños.

Urbanismo e ordenación do territorio

Para evitar crecementos descontrolados e mediar entre as disputas producidas entre propietarios, promotores e a cidadanía, en xeral, os poderes tratan de planificar o crecemento futuro das cidades . Esta planificación e ordenación corre a cargo do urbanismo. Esta disciplina organiza o espazo con vistas ao crecemento futuro da cidade e proxecta actuacións de mellora sobre o tecido xa existente co fin de mellorar a calidade de habitabilidade e de vida da cidadanía.
Tres etapas:

a- Os incios da planificación datan da segunda metade do s. XIX.

Teñen como marco de actuación a cidade burguesa:

A regularización do plano: planos xeométricos para condicionar  a expansión urbana, plans de aliñación e ensanchamento de rúas dende 1853, plan de saneamento ( rede de sumidoiros, abastecemento de auga, limpeza do lixo e rúas). Mellora dos servicios de transporte( tranvías), equipamentos ( parques, iluminación, pavimentación)

b- O urbanismo ata 1975:

Na posguerra, a Dirección Xeral de Rexións Desvastadas era o organismo encargado da reconstrucción dos inmobles arrasados pola guerra. A autarquía e o illamento internacional crearon unha penuria económica que converteu este plan en algo de moi limitado alcance.

A primiera lei do solo ten lugar no ano 1956. Pretendía regular o caos urbanístico e a falta de norma que permitía a especulación.
Clasifica o solo de urbano, urbanizable e rústico.Nos planos de ordenación urbana zonificaban a cidade. Elaboráronse leis sobre a vivenda de promoción pública (vivendas protexidas, sociais subvencionadas...)

Na época do"desarrollismo" continuou a tendencia zonificadora. Xurden moitos problemas de vivenda . É a época da especulación . Densifícase moito a construcción impedindo a aparición de espacio públicos. As construccións eran de escasa calidade e os polígonos construídos tiñan pouco que ver co resto da trama urbana. Permitíronse algunhas renovacións urbanas nos centros históricos que provocaron perda de patrimonio.

Para evitar un crecemento caótico aparecen os polígonos de desconxestión.

C- Na época postindustrial que coincide para o caso español co período da Transción democrática. Houbo unha preocupación por corrixir os desmanes anteriores e aplicar unha maior disciplina urbanística. O urbanismo pasa a ser competencia das CCAA. Ten como obxectivos revitalización e calidade de vida nas cidades

Contémplanse o planeamento a través do PXOU: instrumento básico da ordenación urbanística xeral do concello: Usos do solo, clasificación do solo ( urbano , urbanizable e non urbanizable) a densidade edificatoria, a rede viaria, os equipamentos

O desenvolvemento deste plan faise a través de Plans Parciais e planos especiais

A Lei Estatal do solo de 1998: Unha vez excluído o solo que non debe ser ocupado por posuir recursos naturais ou interese medioambiental o resto é potencialmente urbanizable. A medida pretende aumenta-la oferta de solo para baixar os prezos.

Son os anos onde se busca a revitalización e impulso de moitos núcleos urbanos a través de políticas culturais que exerzan unha atracción especial (olimpiadas, exposicións universais, xacobeos...) que serviron de pretexto para canalizar investimentos de modernización das infraestruturas urbanas e deron pé á creación de edificios emblemáticos que non sempre conseguiron o obxectivo previsto e en moitos casos converteuse nun despilfarro ( ex: Cidade da Cultura de Santiago)

As asociacións de veciños supoñen unha democratización na toma de decisións. O planeamento dende abaixo, por pezas , a través dos planes especiais para mellorar a calidade de vida urbano.
Na actualidade cobra moita importancia o desenvolvemento sustentable para loitar contra os principais problemas das cidades ( tráfico, eficacia do transporte colectivo, contaminación do aire...). Nesa liña aparecen as smart cities que, baseándose nas novas tecnoloxías, tentan axilizar o tráfico das cidades a través do control dixital da rede semafórica e as prazas libres dos aparcadoiros, mellorar o suministro de auga e enerxía, proporcionar servizos de coworking para o encontro do capital humano.

10.2 Fenómeno urbano en España.(I)

10.2.1 A cidade preindustrial.

Dende o inicio ata a industrialización.  Eran cidades pequenas onde o tamaño medio estaba en torno aos 5.000- 10.000 hb. A taxa de urbanización daquelas sociedades agrarias era moi baixa. 

A creación das cidades aparece relacionado con motivos de tipo  estratéxico - militar (as bastidas medievais), comercial (mercados, feiras), relixioso ( Santiago de Compostela) e político- administrativo.

As primeiras cidades atopámolas no litoral sur e mediterráneo. Son as colonias de fundación grego- fenicia. Estamos ante encraves comerciais. É o caso de Cádiz ou Málaga.

Será con Roma cando poderemos dicir que aparecen os primeiros núcleos urbanos porque toda a civilización romana baséase no control do territorio e a súa explotación a través da creación de cidades conectadas entre si por unha rede de calzadas. Coa romanización prodúcese unha verdadeira urbanización da península: Barcelona , Sevilla, Córdoba, Lugo, Zaragoza, Valencia, son exemplos de fundación romana.

Tras a caída do Imperio romano as cidades entran en decadencia e non recuperan a súa actividade ata mediados do s. XII. Na baixa Idade Media hai  unha nova fase urbanizadora ligada á consolidación dunha vía comercial e relixiosa que conecta con Europa: O camiño de Santiago. As cidades da zona cristiá medraron en torno ás catedrais, os castelos e foron articulando o espazo a través de rúas, especializadas en oficios artesanais e prazas, nas interseccións das rúas principais dando lugar a un espazo público para o encontro e o negocio.
Pola contra, na España musulmana, hai un aproveitamento das cidades creadas anteriormente en época romana e viven un esplendor cultural e económico que deixa a súa pegada na estrutura urbana e na creación de edificios emblemáticos como as mesquitas ou os palacios.
No Renacemento moitas destas cidades experimentaron un crecemento e ve nacer as prazas maiores ( mercado, casa do Concello) e as rúas maiores que conectan o centro coa periferia urbana.
No s.XVII hai un interese urbanístico coa apertura de parques, xardíns, e os edificios públicos e confesionais deben estar dotados dun “espacio de respecto” que esixen derrubar casas vellas buscando escenografías urbanas.No s. XVIII, coa Ilustración mellóranse as infraestructuras de abastecemento e hixiene.
Esta cidade preindustrial correspóndese, na actualidade, coa parte da cidade que garda  o maior valor simbólico e patrimonial: son os denominados conxuntos históricos. Ocupa unha pequena superficie da totalidade. A herdanza da época preindustrial queda plasmada na trama urbana. Os centros históricos, antigamente, estaban rodeados de murallas, derrubadas a partir de finais do s. XIX por consideralas un corsé para o crecemento da cidade. Onde antes había unha muralla hoxe hai unha ronda que arrodea o antigo burgo. A trama urbana era moi densa con rúas estreitas, pensadas a escala humana, peonil,  e na edificación predominaban as casas unifamiliares, a base de planta baixa e unha planta con faiado. As rúas albergaban os gremios e dese pasado quedou o nome de moitas rúas. En moitos casos había unha segregación étnica en barrios (xudería, mourería).De entre todo ese conxunto densamente edificado sobresalían as igrexas, os palacios, as mesquitas, o concello. O plano da cidade preindustrial varía moito dependendo a súa orixe. Pode ter unha planta ortogonal, como é o caso das cidades de fundación romana ( cardus- decumanus) ou as bastidas medievais ( cidades militares de fronteira); un plano radioconcéntrico, como o  caso de Vitoria; un plano  irregular ou orgánicos, caso das cidades musulmanas (recinto amurallado: medina)

Coa industrialización este plano experimenta algunha modificación como consecuencia da construcción de viais de máis capacidade dentro do tecido urbano (ex: A Gran Vía de Madrid que se abre paso en medio do centro histórico de Madrid) ou unha maior densificación da trama urbana coa construcción de edificios públicos  (deputacións, delegacións provinciais, museos) e a verticalización dos edificios.
Coa industrialización apareceu o deterioro (destrucción de parte da trama urbana), a renovación especulativa sen gusto, a saturación do tráfico ao producirse unha actividade terciaria moi importante nas áreas renovadas, unha segregación interna (os grupos de baixos ingresos e a  poboación inmigrante marxinada ocupan inmobles antigos ou cando hai renovación expulsión dos de renda máis baixa, que se denomina gentrificación)
O paso do tempo deixou un panorama nos centros históricos preocupante: deterioro  dos inmobles,  precarias  condicións  de  habitabilidade, perda  de  vitalidade  funcional,  baleiramento  demográfico, avellentamento,  infrautilización residencial, dificultades de mobilidade e de aparcamento, e precario nivel de equipamentos 

e servizos,  entre  outros.

Na actualidade as políticas de rehabilitación e as peonalizacións procuran devolverlle a este espacio o seu antigo esplendor evitando o tanto o conservacionismo sen concesións que crea lugares mortos, como a renovación especulativa. A Lei de Patrimonio Histórico (1985) abriu o proceso de recuperación e rehabilitación. Co paso do tempo esa intervención ven mostrando limitacións (rehabilitacións elitistas, pouca diversidade da base funcional), perpetúase o problema da dualidade,  afloran guetos e os problemas de convivencia nas “zonas de copas". O turismo permite a esta zona revitalizarse economicamente. 

10.2.2 A cidade industrial.  

O proceso industrializador xera un crecemento notable das cidades. En España este proceso comeza a mediados do século XIX ata a crise de 1975. Ao longo dese período tan extenso de tempo a industrialización experimentou avances, momentos de estancamento, incluso retrocesos como os acontecidos pola Guerra Civil e a posguerra e dende finais dos 50 un despegue industrial moi  notable que finaliza coa crise do petróleo. Neste período a taxa de urbanización experimentou un notable crecemento, pero non podemos esquecer que en 1950 a metade da poboación aínda era rural. O éxodo rural provoca o crecemento de capitais provinciais e as áreas metropolitanas.

A etapa de maior crecemento foi o do "desarrollismo" nos anos 60 e 70 ligados á política de industrialización do réxime franquista baseado nos polos de desenvolvemento. Consolidouse o triángulo de desenvolvemento industrial Madrid- Cataluña e Cornisa Cantábrica.
Sen dúbida é o momento onde as cidades españolas experimentan un rápido crecemento. Un crecemento para o que non estaban preparadas. 
Cando a mediados do s. XIX comeza un primeiro despegue industrializador, a cidade histórica non ten capacidade para albergar o continxente de persoas que migran do campo. Nesa etapa debemos destacar a construcción dos novos barrios da burguesía ( Ensanches) con todo tipo de comodidades e avances na dotación de infraestruturas, que contrastan co crecemento espontáneo e sen dotación duns mínimos  dos barrios obreiros na periferia urbana. Como temperá reacción a unha preocupación por dotar ás cidades dun urbanismo humanizador e hixienista que introducen elementos da natureza dentro do tecido urbano aparece o proxecto da cidade- xardín. Esta idea está importada de Inglaterra onde se crean barrios de vivendas unifamiliares rodeadas de vexetación procurando desconxestionar a densidade da trama urbana das cidades industriais.

O ensanche burgués constrúese ó carón do centro histórico. Os ensanches representaron o esforzo máximo por modernizar as cidades. A Lei de Ensanche de Poblacións respaldada polas leis de 1864, 76, 92 proporcionou un instrumento para organizar o crecemento da cidade de acordo cos principios liberais.Ten un plano en cuadrícula con quinteiros moi amplos. Este plano axustábase ó principio da igualdade de condicións. As rúas son anchas, preparadas para o tráfico intenso e están dotados de todos os servicios de hixiene e alumeado.

O uso foi residencial, pero o seu carácter de espacio central deulle moi pronto outras funcións como a de ser a sede da Administración, comercio moderno e sede da actividade financeira. Na actualidade alberga funcións terciarias, comercios e oficiñas. Os ensanches teñen un valor cultural que é un valor de mercado que sumado á accesibilidade atrae investimentos para a modernización dos inmuebles

As zonas industriais e os barrios obreiros apareceron ao carón das estacións de ferrocarril, ou xunto ós camiños principais. A morfoloxía que presentaban estes barrios era de trama pechada, densa, con predominio de vivendas de escasa calidade. Os usos do solo mesturaron a residencial coa industrial de equipamento escaso. Na actualidade estes barrios están plenamente integrados na trama urbana da cidade constituíndo un espacio susceptible de melloras , revalorizandoo , mentres que aqueles espacios que non se renovaron seguen amosando marxinalidade.

Os barrios axardinados creáronse a finais do s. XIX e primeiras décadas do s.XX. Resultado da difusión dunha valorización da natureza e do aire libre: Cidade Liñal de Arturo Soria. O resultado foi a creación de vivendas unifamiliares con xardín e a promoción de vivendas chamadas Casas Baratas (1921, 1924) . A Cidade Lineal de Arturo Soria foi un intento de vertebrar un espacio dando preponderancia ós medios de transporte ( ferrocarril) ,construíndo casas unifamiliares en contacto coa natureza con centros comerciais e de servicios  e con diferentes prezos para evitar a segregación social.

10.2 Fenómeno urbano en España.(II)

10.2.3 A cidade postindustrial.

Prodúcese unha paralización do crecemento das metrópolis. Na orixe deste cambio de tendencia atópase a rápida caída do crecemento vexetativo e a reducción dos fluxos migratorios internos cara ás grandes áreas metropolitanas. Isto é máis é patente nos núcleos centrais desas áreas metropolitanas. Sen embargo, isto non impide que a súa importancia na vertebración do territorio aumentara . Hai un movemento de descentralización de actividades económicas, avánzase cara a unhas estructuras urbanas multipolares, unha terciarización do emprego . Medran máis as capitais provinciais ( cidades pequenas e medianas que as grandes). Nos anos 80, aparecen as primeiras planificacións con vocación de arranxar os problemas da cidade herdada poñendo en práctica un urbanismo solidario, cultural e austero. Nos anos 90, triunfa o urbanismo da imaxe e das grandes obras. Prodúcese unha recomposición da estructura urbana a través de actuacións urbanísticas en espacios pericentrais ou no borde urbano desmantelando infraestructuras obsoletas tratando de articular mellor a cidade e dando unha continuidade ó tecido urbano. Tiveron lugar procesos de recuperación do patrimonio e de rehabilitación ,dotación de equipamentos e mellora dos espacios públicos, pero ó lado deste aspecto tan positivo aparece unha terciarización desaxustada coa base productiva e un retroceso na facilidade para adquirir unha vivenda .Prodúcese unha promoción turística e cultural
Este espacio onde se mesturan as actividades propiamente urbanas coas que teñen características todavía rurais, que foron incorporadas á área metropolitana despois do crecemento urbano producido pola industrialización e o éxodo rural e baseada na importancia dos medios de transportes que permiten establecer movementos centro- periferia, ten lugar nos anos 60 ,70 e 80.

Nesta área aparecen barrios residenciais de distintas clases, áreas industriais e áreas de equipamento.

A- Barrios residenciais:

- Marxinais: Aparecen sobre solo rústico, de forma orgánica , sen planificación e sen dotacións de auga, luz, e saneamento. Este chabolismo foi ó longo das últimas décadas sendo absorbido polas vivendas sociais

- Barrios de promoción oficial: Construídas nos anos entre o 40 e o 60 son vivendas de escaso gusto, monótonas, de pouca calidade de materiais , construídas coa axuda estatal en bloques ou unifamiliares que serviron para aloxar o fluxo migratorio

- Polígonos de vivenda de promoción privada: A partires dos anos 60. Adoptouse o planeamento aberto, en bloques. Barrios colmea ou dormitorio de estilo internacional. Homoxeneidade social, e de función residencial Agora , estes polígonos adoptan a organización en quinteiros.

- Vivenda unifamiliar e de segunda residencia: A partires dos anos 80. Trama aberta. Albergan persoas de clase media de ideoloxía clorofílica

B- As áreas industriais:

Aparecen nos anos 50 e 60 coa industrialización. Son polígonos que en moitos casos foron mal planificados dando lugar a atascos e contaminación ambiental. Hoxe en día son parques empresariais e parques tecnolóxicos cun solo dotado de servicios e perfectamente planificado para non entorpecer a vida urbana.

C- Áreas de equipamento.

Grandes superficies comerciais, hospitais, centros administrativos 

10.2.4 Xerarquías e redes urbanas en España.

  • Áreas metropolitanas

Cando unha cidade no seu proceso de crecemento comeza a afectar a concellos limitrofes cos que ten importantes relacións económicas e sociais e onde é necesaria unha cooperación para solventar problemas , servicios e obras, aparece a área metropolitana. A súa denominación decídenna as CCAA que a súa vez, elaboran as directrices xerais da súa planificación . 

Características: 

a- Hai unha cidade rectora que fai as funcións de cidade central e que é a que da lugar a área metropolitana.

B- Entre a cidade central e os concellos veciños establécense relacións económicas e sociais importantes. Estas cidades chámanse cidades satélite ou cidades dormitorio , cando a función residencial é a que predomina.

C- As redes de comunicación son moi importantes para garanti-la relación entre os núcleos .

D- Estilo de vida urbano: mobilidade , predominio de mozos e variedade social

Problemas:

a-Excesiva densificación da poboación e da edificación:

Para evitar isto : crear novas centralidades a través da dispersión de actividades cara as cidades medias

b- Novas infraestructuras:

Mellorar os transportes e os equipamentos urbanos en xeral.

C-Presión sobre o espacio non urbanizable

Protección das actividades agrarias e a conservación de amplos espacios verdes dedicados ó lecer.

D- Ordenación das actividades económicas:
Diversificación e modernización. Afrontar o problema da desindustrialización, potenciar parques tecnolóxicos e polígonos industriais nas coroas metropolitanas. Na franxa periurbana , fomentar a iniciativa local. Novas centralidades

  • Conurbación: 

Dúas cidades próximas entre si acaban por fusionar as súas áreas de influencia dando lugar a un contínuo urbano. Exemplo: Málaga- Marbella

  • Rexión urbana:

Cando varias cidades relativamente próximas entre si exercen unha notable influencia no territorio que as circunda creando un tecido urbano e periurbano moi extenso temos unha rexión urbana como pode ser o Eixo Urbano Atlántico en Galicia ou o eixe Avilés, Xixón, Oviedo en Asturias.

  • Megalópole:

Unha rexión urbana que se estende moitos quilómetros, que contén cidades de diferentes tamaños e rangos, moi dinámica e moi ben comunicada.

O eixo mediterráneo: Barcelona, Valencia, Alicante

O sistema de cidades 

As cidades relacionanse entre si de acordo co tamaño e a variedade de funcións que presenten, establecéndose entre elas redes urbanas que funcionan de acordo coa xerarquía .

O tamaño e a función son as bases polas que se obtén a xerarquía urbana.

  • Segundo o tamaño temos: 

As grandes cidades sitúanse na periferia a excepción de Madrid. 

No norte ,discontinuidade: Eixo Atlántico, a rexión urbana asturiana, País Vasco e Pamplona

O Eixo mediterráneo oriental dende Girona ata Cartagena

A rede urbana andaluza

O val do Ebro, corredor de comunicacións entre o norte e o litoral mediterráneo

As grandes metrópoles basculan tamén ó leste

  • Segundo as funcións :

Cidades primarias: especialización no sector primario: andaluzas, manchegas, levantinas

Cidades secundarias: especializadas na industria. Hoxe localizada nas áreas metropolitanas

Cidades terciarias: especializadas no sector servicios.Grandes metropóles nacionais.

  • A xerarquía urbana:

a- Metrópoles  nacionais: Madrid , Barcelona. Superan os tres millóns. Funcións diversificadas e de área de influencia estatal. Relacionadas coa rede de cidades a nivel mundial

b- Metróples rexionais: Superan os 500000 hb.Servicios de alto rango, administrativos e comerciais. Manteñen relacións coas M. Nacionais. Valencia , Bilabo, Zaragoza, Sevilla, Málaga

c- Metróples subrexionais: Oviedo, A Coruña, Vigo, Alacant, Murcia Valladolid. Poboación superior ós 250.000

d- Cidades Medias: Capitais de provincia. Funcións terciarias menos especializadas

e- Cidades pequenas . Menos de 50000 habitantes Nodos de transporte a nivel comarcal

10.3 Transformacións recentes na estrutura das cidades.(I)

10.3.1 Cidade difusa.

O urbanismo expansivo foi desenvolvido por primeira vez nos Estados Unidos, en particular despois da Segunda Guerra Mundial, cando se crearon grandes zonas residenciais suburbanas, áreas de baixa densidade edificatoria, onde as vivendas unifamiliares consumen grandes cantidades de solo natural ou agrícola. O desenvolvemento de barrios homoxéneos onde non hai unha mestura de usos do solo (residencial, comercial, instalaciones...), xera unha dependencia do automóbil.
O  intenso    proceso    de    urbanización recente caracterízase polas formas difusas e fragmentadas dando lugar ás denominadas megacidades que dan lugar a problemas  sociais, ambientais e de xestión moi graves.
A aparición de rexións urbanas e cidades de enorme extensión constitúe hoxe un desafío porque estas construcións urbanas difusas reducen a  eficiencia económica e a sustentabilidade ambiental e dificultan a formación de núcleos inclusivos e socialmente ben cohesionados.
A notable creación de infraestruturas, urbanizacións, postos de traballo e funcións  especializadas  de  comercio  e  servizos na  periferia  urbana é unha das características do fenómeno urbano dende os anos 90. Pola contra, no centro histórico hai unha perda de poboación e actividade. Desta forma as cidades van sumando novos centros dando lugar a creación dun núcleo policéntrico. As fronteiras entre a cidade e o campo están difuminadas na medida en que se produce unha transformación dos usos do solo nos espazos periurbanos: aparición de núcleos residenciais, grandes centros comerciais e de lecer,  cidades   empresariais,   parques   tecnolóxicos,   campus universitarios.

A  dispersión urbana defínese así pola discontinuidade e fragmentación  da  edificación, xeralmente de uso residencial e  pola  baixa densidade da  edificación e da poboación.
A  regulación   urbanística, as   prácticas   especulativas 

e a gobernanza das cidades poden ter unha grande influencia no incremento da dispersión urbana, sobre todo, nas áreas do litoral mediterráneo e na periferia das grandes cidades. Unha liberalización do solo, un avance dos transportes e as comunicacións que garante a accesibilidade son factores que impulsan a dispersión urbana.
En xeral, a transformación dun modelo monocéntrico noutro policéntrico explícase pola interacción 

dinámica  a  diferentes  escalas  de  forzas  de  aglomeración  e  desaglomeración:  mudanzas na  organización  da  producción  e  as súas  formas  espaciais,  a  extensión  e diversificación  dos servizos,

a  integración  económica  e  cultural  promovida  por  procesos  de globalización  e  a  dispersión  da  residencia  da  poboación
O urbanismo expansivo segue un patrón de asentamento urbano de baixa densidade que coincide coa febre do ladrillo en España ata a crise do 2008. Durante o período 1987-2006 o 73 % da superficie da vivenda nova en España era para o  urbanismo expansivo. Este crecimento consume grandes cantidades de terras agrícolas e naturais, medra ao longo das estradas que parten dos núcleos urbanos, o que provoca conxestión de tráfico en estas vías de acceso ás ciudades e invade áreas naturais e agrícolas desdebuxando a división entre as zonas urbanas e rurais.
Entre as causas que atraen ás persoas desde as cidades compactas cara as zonas suburbanas podemos nomear o custe da vivenda. Na periferia poden atopar opcións menos custosas e de calidade. Ademáis, entran outros condicionantes como o goce dun medio ambiente máis limpo apoiado na liberdade que proporcionan as tecnoloxías da comunicación global que permiten unha expansión dos comportamentos globalizados de producción y consumo
Na costa mediterránea esta necesidade de vivenda unifamiliar foi consumida por turistas residenciais e migrantes residenciais, xubilados alemáns, británicos ou dos países escandinavos que viven alí todo ou parte do ano.
Os promotores inmobiliarios son responsables da concentración de estranxeiros da mesma nacionalidade en determinadas zonas, dando lugar á creazón de colonias de persoas dun mismo país. O resultado desta expansión do ladrillo na costa foi unha maior destrución da paisaxe e do medio ambiente, conxestión do tráfico, aumento do consumo de auga, entre outros.

10.3.2 Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).

As áreas centrais da maioría das cidades españolas continúan sendo un espazo fráxil, con dificultades de conservación. O mantemento dos seus ricos  patrimonios arquitectónicos,  obstaculiza a  recuperación  da  variedade  social  que había neles no pasado e fai complicada a súa revitalización funcional, cuestionando o esforzo realizado na súa rehabilitación.
Todo isto provoca desigualdades entre as zonas que se benefician de procesos espontáneos de “xentrificación”  e  as  zonas onde domina o  deterioro  social  y  material.  
Ata os anos 80, a aplicación sistemática ao crecemento  da  cidade  do  urbanismo  funcional implicou a zonificación e a construción de obra nova na periferia en aras dunha maior calidade de vida dentro das cidades. Como resultado da aplicación desa política foi a segregación social a nivel espacial. Nos  interiores urbanos, a mestura social e funcional, tan característica da cidade histórica no pasado, foi deixando paso a unha crecente simplificación residencial e funcional. O interese  pola  conservación  do  patrimonio  edificado e  a  preocupación  pola  conservación  dos valores culturais das áreas centrais foi  escaso. Nos sectores da cidade histórica de maior interese para os promotores  inmobiliarios houbo un impulso pola renovación, mentres que ao tempo propiciabase o abandono dos barrios máis populares onde foron frecuentes os expedientes de ruina, desaloxos forzosos e Planes Especiais de Reforma Interior.

Desde  os  90,  a  globalización  e  as  novas  estratexias do  planeamento  oficial convertéronse nos principais  motores  de  transformación e cambio das áreas centrais e dos centros históricos en particular. Hai un desprazamento das actividades produtivas, incluso das do terciario superior, actividades de lecer e tempo libre cara as novas periferias. Os cascos históricos experimentan un cambio funcional e social de forma que durante os fins de semana transfórmanse en espazos de ocupación intensiva, sobre todo aqueles que se asocian á movida nocturna o que orixina importantes conflitos coa función residencial ou coa actividad turística.
Aos  problemas  herdados  do  modelo  de  cidade funcional, engadíronse os que derivan da globalización da economía, dos cambios sociais más recentes e da irrupción masiva de poboacións de orixe estranxeiro que territorializan o centro histórico que non está renovado funcionalmente.

As estratexias de recuperación integral que aspiraban a conservar a poboación existente, promover a mestura social e facilitar a variedade funcional nos espazos centrais,  no foron quen de acadar eses obxectivos. Nos anos 80, a Lei do Patrimonio Histórico Artístico” de 1985 obrigou a redactar Plans Especiais para aquelas localidades que tiñan espazos de interese histórico artístico. Os resultados foron desiguais. As axudas á rehabilitación foron insuficientes tendo en conta a renda e a idade dos residentes nos centros históricos. Ao final prima un interese por explotar turísticamente o centro convertendo a cidade nun Parque  Temático  Histórico.

Desde 1996 as tendencias ao avellentamento e baleiramento dos centros urbanos comezan a mudar por unha inmigración estranxeira  que  se  instala nos sectores centrais máis degradados das nosas cidades. Esta excesiva concentración espacial suscita o recelo da sociedade. O baixo prezo dos alugueres explican esta preferencia da poboación estranxeira por ocupar o centro.

A ocupación de locais comerciais por extranxeiros percíbese tamén polos antigos residentes como un elemento perturbador da identidad do barrio,  

10.3 Transformacións recentes na estrutura das cidades(II)

10.3.3 Cambios de uso no solo urbano.

O crecemento das zonas urbanas é un dos exemplos máis importantes de cambio de ocupación do solo en todo o mundo.
O aumento do número de kilómetros das vías de comunicación sexan estradas ou vías férreas, o aumento da demanda de auga  que precisa dunha infraestrutura axeitada, a necesidade de depuradoras e plantas de tratamento do lixo, o crecemento do solo urbanizable provoca problemas de sustentabilidade.
Diminúe a superficie destinada a un uso forestal e agrícola e aumenta a superficie destinada a algún uso artificial
A maior parte da transformación de terreos agrícolas a superficies artificiais prodúcese nas inmediacións das zonas urbanas xa consolidadas e nas proximidades das principais estradas de conexión do núcleo urbano. As veces eses usos agrícolas do borde da zona urbana consolidada son abandonados e convertidos en zona de matogueira. En calquera caso nas superficies artificiais da periferia das cidades podemos localizar  zonas de extracción minera, vertedoiros, áreas de construcción e zonas industriais, comerciais e de transporte.
Nos arredores das grandes áreas metropolitanas a transformación do solo agrícola en urbano está a producir un crecemento pouco compacto o que conleva unhas conclusións pouco positivas desde o punto de vista da sustentabilidade.
Nas tres últimas décadas, os cambios nos usos do solo foron máis drásticos e rápidos que nunca e afectaron a áreas de maior tamaño, especialmente preocupante foi o proceso nas zonas litorais. Nin sequera as áreas naturais protexidas e as súas zonas de influencia son alleas a estes cambios. A situación agrávase pola atracción que estes espazos exercen sobre o turismo e a industria de lecer.
Os procesos urbanizadores deixan de estar restrinxidos aos bordes das cidades para afectar progresivamente ao conxunto do territorio. O medio rural urbanízase, morfolóxica  e funcionalmente, os espazos agrarios intensifícanse e os espazos naturais fragméntanse e  perden biodiversidade; en definitiva, o territorio vese seriamente ameazado.


Na cidade preindustrial (dende a súa orixe ata mediados do século XIX) o casco antigo era a parte da cidade urbanizada. Ocupaba unha pequena superficie da cidade actual, pero ten un gran valor simbólico polo legado cultural que contén. Nesta época os usos do solo eran moi diversos (multifuncionalidade). A cidade preindustrial sufriu notables modificacións como resultado do proceso de industrialización, que tivo lugar entre mediados do século XIX e a década de 1960. O casco antigo experimentou unha progresiva terciarización e consolidouse como centro comercial e de negocios na cidade. O resultado foi o desprazamento dos usos residenciais e a deterioración dos edificios pola contaminación e o tráfico.


As cidades que nesta época implantaron industrias modernas atraeron unha numerosa poboación campesiña e estendéronse creando ensanches para os burgueses, barrios industriais e obreiros, e barrios axardinados. Os barrios-xardín debidos ás ideas naturalistas. Tratábase de vivendas destinadas ás clases medias e baixas, se ben co tempo tamén as clases altas demandaron este tipo de espazos. Co posterior crecemento da cidade, estes espazos quedaron situados en zonas relativamente céntricas, o que favoreceu a súa revalorización e o seu cambio de uso, por exemplo gardarías ou clínicas privadas.


Na actualidade (época postindustrial) algunhas zonas industriais e barrios obreiros quedaron nunha posición céntrica, o que revalorizou o solo que ocupan, dando lugar ao baleirado industrial e aparición de usos terciarios ou residenciais. Pola contra, os espazos menos accesibles e desorganizados mantéñense como espazos marxinais.


Nos últimos anos, as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento menor, pero continúan estendéndose no espazo, debido á difusión de parte da súa poboación e da súa actividade económica cara a periferias cada vez máis afastadas. Estas periferias estrutúranse en diferentes áreas: barrios residenciais, áreas industriais e áreas de equipamento.  


- Os barrios residenciais da periferia responden a diversas tipoloxías e presentan bastante homoxeneidade social derivada do prezo do solo e da distancia ao centro: barrios marxinais, de vivendas de promoción oficial, polígonos de vivenda de promoción privada, barrios de quinteiro pechado, áreas de vivenda unifamiliar.


- As áreas industriais localízanse xunto ás principais vías de acceso á cidade, buscando a proximidade urbana e solo abundante a prezo alcanzable. Tamén inclúen espazos industriais novos, como parques empresarias e tecnolóxicos, en áreas de gran calidade ambiental; ou polígonos de naves acaroadas destinados a empresas con menos recursos.


- As áreas de equipamento son froito da actual descentralización das actividades económicas cara á periferia urbana: grandes superficies comerciais, centros escolares, sanitarios e administrativos e outros servizos.                     

10.4 Impacto ambiental da urbanización.


a- Problemas de vivenda:
Altos prezos e especulación. 

B-Problemas de abastecemento e equipamento:
Incremento de consumos de auga e enerxía que fan necesario promove-lo aforro. Necesítanse máis investimentos en cultura, espacios verdes, áreas deportivas.

C- Problemas de tráfico
Saturación nas horas punta. Abuso do automóbil privado. Problemas de aparcamentos

d- Problemas ambientais:

Creación dun microclima urbano producido polas combustións. Aumenta a temperatura e as precipitacións. O aire está máis viciado ,po e fume.O ruído. A producción de residuos e a súa eliminación.

E- Problemas de delincuencia e marxinación social.