Bloque 2: A sustentabilidade do medio físico de España 

2.1.Factores físicos e diversidade de paisaxes e ecosistemas

2.2. Diversidade climática de Galicia e España.

2.3. Biodiversidade, solos e rede hídrica

2.4. Políticas ambientais en Galicia, en España e na Unión Europea.


Prácticos 
 

  • Mapa da diversidade litolóxica. Debuxos e gráficos sobre o modelado: granítico, cárstico, arxiloso e volcánico.
  • Comentario de imaxes de paisaxes naturais: atlántica, mediterránea, de montaña e das Canarias. Cliseries de Teide e Pireneos.
  • Análise de climogramas que resalten contrastes en relación con mapas e gráficos de distribución de climas, temperaturas, precipitacións, insolación...
  • Interpretación do mapa do tempo, en especial se fai referencia a DANAs, vagas de calor africano, temporais do suroeste, anticiclóns térmicos invernais de intensas néboas, advección do oeste, anticiclón de verán... Novas de fenómenos meteorolóxicos adversos
  • Gráficos de warming stripes en España e capitais de provincia.
  • Fotografías de satélite para identificar situacións de inversión térmica ou convección treboenta (ex.). Comparativas de ortofotos de Copernicus sobre impactos das secas na paisaxe (ex.).
  • Comparativas mapa topográfico / mapas de vexetación potencial, a partir de IBERPIX. 

Documentos, gráficas e mapas nos que se aborde  a política de conservación de Espazos Naturais Protexidos, de cara a comentar as políticas de protección ambiental. 

 
Vocabulario: 
13.Paisaxe

14.Aluvión

15.Meseta

16.Tectónica de placas

17.Ría

18.Zócolo

19.Cordilleiras de pregamento

20.Cuncas sedimentarias

21.Aridez

22.Barlovento
23.Inversión térmica

24. Isóbara

25. Isohieta

26.DANA / DINA / Gota fría

27.Emerxencia climática

28.AMOC

29.Vexetación clímax

30.Cunca fluvial

31.Estiaxe

32.Marisma

33.Acuífero

34.Desalgadora


 

Resumo en PDF do relevo, costas e solos en España

Preme en ler máis para acceder ao resumo

Historia xeolóxica da Península Ibérica

O Macizo Hespérico, a resultante da oroxenia hercínica

Constitúe o zócalo sobre o que se asenta a Península Ibérica. A unión de Gondwana e Laurasia nun supercontinente (Panxea), determinou a aparición da Cordilleira Hercínica logo arrasada pola erosión, dando lugar a unha serie de macizos entre os que está o Hespérico, o Bético- Rifeño e o Catalán- Balear.

Calma oroxénica no Mesozoico

Os procesos erosivos son agora os protagonistas. A parte oriental da península, somerxida nas augas do mar de Tethys, experimenta unha acumulación de sedimentos mesozoicos transportados polos grandes ríos que verten cara o leste. 

A oroxenia alpina crea as cordilleiras de pregamento

Os Pirineos e as Cordilleiras Béticas xorden pola aproximación das placas africana e europea que pregan a potente coberteira de sedimentos depositados no Mesozoico.  

Na era cuaternaria non hai movementos oroxénicos e  o máis salientable é o glaciarismo. Este afectou fundamentalmente aos Pirineos coa creación de circos e vales glaciares. No resto das montañas peninsulares do norte domina o periglaciarismo.

Na era cuaternaria tamén se vai producindo a lenta colmatación do val do Guadalquivir e do Ebro. Na imaxe vemos a paisaxe resultante nas marismas de Doñana. Este proceso de colmatación segue na actualidade.

A variedade litolóxica e as formas producidas pola erosión diferencial (I)

A España silícea, calcaria e arxilosa

Na parte occidental, coincidindo co zócolo temos a España silícea. Materiais antigos, magmáticos e metamórficos: granitos, lousas, xistos, gneis, cuarcitas...

Formas de modelado en granito

As pedras cabaleiras, os tores, os domos son formas do modelado en granito, frecuentes na España silícea

Formas de modelado en terreos calcarios 

As dolinas, os lapiaces, as simas, as covas, os encaixamentos dos cursos fluviais... son formas produto da disolución da calcaria en contacto coa auga.

Cárcavas ou badlands

En zonas onde os materiais son moi blandos e onde a auga cae de forma torrencial forma cárcavas

A variedade litolóxica e as formas producidas pola erosión diferencial (II)

Relevos horizontais. Os páramos. 

Frecuentes nas cuncas sedimentarias das dúas mesetas e nos vales do Ebro e Guadalquivir


Relevo apalachense. 

Localizado en áreas pregadas na oroxenia hercínica e rexuvenecido tras a última oroxenia


Relevo xurásico. 


Localizado nas áreas pregadas despois da oroxenia alpina. Nos Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico


Unidades do relevo peninsular

A Meseta estrutura gran parte do relevo peninsular.
A imaxe corresponde coa Submeseta Norte, na parte centro oriental, onde son frecuentes os páramos e cerros testemuña

O Sistema Central divide a Meseta española. Estamos ante formas de modelado granítico e un relevo de tipo xermánico modificadas pola acción do xeo

O Montes de Toledo separan dúas cuncas fluviais, Tajo e Guadiana, e son un conxunto de crestas apalachenses de materiais metamórifcos. 

O Macizo Galaico é un dos rebordos da Meseta. Territorio fallado e fracturado en múltiples bloques montañosos que descenden de altura de leste a oeste. Se na parte oriental podemos ver estruturas apalachenses, na parte occidental destacan o relevo de tipo xermánico.

O rebordo montañoso da Meseta polo norte é a Cordilleira Cantábrica. Na parte occidental dominan as formas apalachenses con materiais paleozoicos, mentres que na parte central e  oriental dominan as calcarias e as formas propias dun relevo xurásico.

O rebordo montañoso da Meseta pola parte oriental é o Sistema Ibérico. A acumulación de material mesozoico, pregado coa oroxenia alpina, determina unha paisaxe calcaria con fenómenos kársticos. Serve de cabeceira para os grandes ríos da península.

Serra Morena constitúe un chanzo da Meseta antes de adentrarse na Depresión do Guadalquivir. Formada por materiais paleozoicos e de tipo metamórfico, apenas destaca vista dende a Meseta, pero aparece como un obstáculo importante vista dende o val do Guadalquivir

Os Pirineos son unha cadea de pregamento orixinada pola oroxenia alpina, na era terciaria. Estamos ante un conxunto montañoso externo á Meseta, de tipo xurásico e con predominio da rocha calcaria, se ben na parte central. onde se concentran as maiores alturas hai material paleozoico

Outro dos sistemas montañosos exteriores á Meseta é a Cordilleira Costeiro Catalana. Materiais mesozoicos que repousan sobre o zócolo paleozoico e que no caso das serras interiores (Monserrat, Montseny) aparece dominada por un relevo de conglomerados

Os Sistemas montañosos Béticos constitúen a outra cadea de pregamento creada pola oroxenia alpina na nosa península. Dúas aliñacións: unha costeira onde está a maior altura da península (Pico Mulhacén) e outra interior de menor altura. En medio o surco intrabético onde se ubican unha serie de depresións moi fértiles

A Depresión do Ebro é unha das cuncas sedimentarias  alpinas que hai na península. Domina o relevo horizontal e os materiais son sedimentarios e brandos (areiscas, margas, calcarias, xesos). Son característicos os mallos.

A Depresión do Guadalquivir é a outra cunca sedimentaria alpina. Como a do Ebro ten forma triangular, pero está aberta ao Atlántico. Composta por materiais como a arxila, a campiña andaluza é un terreo ondulado e moi fértil

O relevo insular

Nas Illas Baleares podemos distinguir, por un lado, as illas que veñen sendo unha prolongación da Cordilleira Bética, con fenómenos kársticos e de costas acantiladas (Mallorca, Ibiza, Formentera e Cabrera) e, por outro lado,  Menorca, que supón unha continuidade co relevo Costeiro Catalán de materiais paleozoicos ao norte e calcarias ao sur. Na imaxe o Puig Major, a maior altura da Serra Tramontana, en Mallorca.

As Canarias son un conxunto de illas de orixe volcánico situado entre a Dorsal Atlántica e a placa africana. As formas da paisaxe corresponden coa actividade volcánica que tivo lugar na era terciaria, localizándose nestas illas o pico máis elevado de España , o Teide. Na imaxe a Caldeira de Taburiente

O relevo costeiro español

A costa cantábrica dá un perfil rectilíneo de tipo lonxitudinal, bastante accidentada con escasas praias. Os acantilados aparecen cando os relevos montañosos caen sobre o mar. Presencia de rasas que son niveis de abrasión mariña que deixan unha estreita chaira costeira lixeiramente inclinada cara o mar.

Nas costas galegas aparecen as  rías como produto da invasión do mar sobre un val fluvial e tamén da acción de afundimento de bloques por presións tectónicas coa posterior invasión do mar.

  • Nas rías do norte de Galicia a acción da erosión diferencial sobre a estrutura do rochedo ten máis importancia que a tectónica, de aí a forma alveolar e o seu menor tamaño.

No sur, no Golfo de Cádiz, estamos ante unha costa baixa froito da acumulación , durante o Cuaternario, de sedimentos aportados polo Guadalquivir. Costa a base de marismas , cordóns litorais e dunas.

A costa mediterránea dende Xibraltar ata o Cabo da Nao está condicionada pola proximidade do relevo bético. Costa accidentada pero con áreais intercalados. A Depresión Intrabética provoca o Golfo de Alacant.

A costa mediterránea no sector correspondente ás chairas do Golfo de Valencia dá lugar a unha costa de abundantes praias con presencia de albufeiras e tómbolos.

O litoral catalán vai dende o delta do Ebro ata a costa escarpada da provincia de Girona. Relevo moi condicionado pola proximidade do sistema montañoso Costeiro - Catalá.

Os solos en España

Distribución dos diferentes tipos de solo en España

Os factores que condicionan a formación e a evolución dun solo son de tipo físico e de tipo biolóxico.
Factores físicos: o tipo de rocha nai, o clima, a topografía.
Factores biolóxicos: actividade da vexetación e os animais e a acción dos seres humanos.

Perfil dun solo maduro

Horizonte A: A0, follaxe; capa A1, materia orgánica en descomposición, cor oscura;  A2 máis clara, zona de lixiviación. 

-Horizonte B: transición. Acumulación de substancias lixiviadas 

- Horizonte C: Rocha nai meteorizada

- Horizonte D Rocha nai consolidada

Os tipos de solo en España segundo a clasificación da FAO

 

Os cambisoles, en xeral, e os cambisoles calcarios, en particular, son os máis estendidos, ligados a zonas chairas, máis do 70% do solo da P.I. Cor pardo vivo pola liberación dos óxidos de ferro. 

Diversidade climática e vexetación

Esquema
3.1 Factores xeográficos e termodinámicos do clima.
3.2 Tipos de tempo.
3.3 Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical.
3.4 Factores da diversidade bioxeográfica.
3.5 Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña.


Factores que condicionan os climas en España

Factores de tipo xeográfico afectan ás temperaturas

A latitude: A Península Ibérica está situada na parte meridional da zona temperada próxima á influencia dos centros de acción tropical, con dúas estacións marcadas (verán e inverno) e dúas intermedias ( primavera e outono). En Canarias, a súa latitude sobre o Trópico de Cáncer determina temperaturas cálidas todo o ano e a pouca oscilación térmica.


A disposición de terras e mares: A Península Ibérica está entre dous mares, o Atlántico e o Mediterráneo, e entre dous continentes, Europa e África, de características térmicas diferentes o que introduce variabilidade. As Illas Canarias, pola súa proximidade a África recibe o pó do Sahara, pero no lado norte está exposto á influencia do alisio do NE, fresco e hùmido.


A altitude: A maioría das terras están situadas a 600 m de media o que introduce unha certa crudeza nos invernos do interior da península por mor da diminución da temperatura 0'6 º cada 100 metros. Asemade hai variacións térmicas importantes entre as vertentes de solaina (expostas ao sur) respecto das de umbría (orientada ao norte)


A disposición do relevo: A forma maciza da Península, a súa anchura e a disposición dos sistemas montañosos, paralelos á costa, impide a chegada ata o interior da influencia mariña que atempera as diferencias térmicas. Hai un forte rasgo continental.


Pola contra, nos dous arquipiélagos a influencia marítima é obvia. 


Factores de tipo xeográfico afectan ás precipitacións

A latitude: No verán, a nosa situación latitudinal está lonxe da traxectoria zonal do Jet Stream. Pola contra a acción do centro de alta presión tropical das Azores introduce un tempo seco e soleado. No inverno, a perda de forza do Jet Stream ou o seu descenso en latitude por mor do balanceo estacional, permite o paso das frontes atlánticas ou a chegada de masas de aire procedente doutras latitudes.


A disposición de terras e mares: O Mediterráneo quéntase moito no verán propiciando unha cicloxénese propia que se traduce nunha baixa presión no Golfo de León no outono que proporciona chuvias torrenciais e frecuentes desbordamentos.


A disposición do relevo impide que a influencia das borrascas atlánticas poida entrar ao interior da península polo que a cantidade de precipitación vai diminuindo cara o leste, en especial, cara o surleste español que rexistra unha notable aridez. Ademais imos ver unha disimetria de vertentes na cantidade de precipitación caída nas abas situadas ao oeste (barlovento) respecto das situadas ao leste (sotavento), máis resgardadas dos ventos húmidos do oeste.



Factores termodinámicos

As masas de aire xorden naquelas rexións onde o aire permanece estable e adquire unhas caraterísticas determinadas de temperatura, humidade e presión. Loxicamente, será alí onde hai altas presións, nos trópicos ou nos polos, onde estará a orixe das masas de aire que se nos achegan ás nosas latitudes atraídas pola área de baixas presións dominantes en latitudes temperadas. Cando esas masas de aire frías polares descenden en latitude van quentándose pola base polo que se inestabilizan. Pola contra, as masas de aire quente cando ascenden en latitude van enfriándose e resecándose. As masas de aire que, en orixe húmidas, atravesan unha área continental van resecándose, mentres que unha masa de aire seca ao atravesar un océano humedécese  


As masas de aire que afectan á Península son :


  • Polar  marítimo (fría e húmida) de procedencia atlántica e Polar continental (fría e seca) de procedencia centroeuropea
  • Tropical marítimo (cálida e húmida) do Atlántico e Tropical continental (cálida e seca) de procedencia africana.
  • Ártico marítimo e Ártico continental. Estas masas de aire afectan de forma ocasional propiciadas por unha traxectoria moi ondulante do Jet Stream que facilita o descenso de vagas de frío.


 Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mídese en milibares (mb). A presión normal é de 1013,5 mb, aínda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1016 mb.


Unha alta presión ou anticiclón é unha zona de altas presións rodeada por outras de presión máis baixa. Como estamos no Hemisferio Norte, os ventos circulan no sentido das agullas do reloxo. O aire descende producindo tempo estable. 

Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada doutras de presión máis alta. O aire aquí ascende e xira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Ao ascender produce tempo inestable.


Os centros de acción poden ser dinámicos ou térmicos


Os centros de acción dinámicos teñen un carácter permanente e a presión tanto en superficie como en altura manteñen esa característica de alta ou de baixa presión:

  • O anticiclón das Azores: alta presión tropical que se sitúa en verán ao oeste da P.I. impedindo a afectación das pertubacións atlánticas. Tempo soleado e caluroso. Coincide cunha cresta do Jet Stream e funciona como unha cuña 
  • Os anticiclóns polares atlánticos.
  • A depresión de Islandia: Envía aire polar marítimo que ao chocar co aire quente tropical dá lugar aos sistemas frontais de precipitacións que actúan no outono e no inverno.Coincide en altura coa traxectoria do Jet Stream

Os centros de acción térmicos: Relacionados con situacións moi estables do aire en contacto moito tempo cunha superficie quente ou fría. A presión en superficie e en altura son diferentes, mentres en superficie hai unha alta presión térmica, en altura convértese nunha baixa ou ao revés:

  • Anticiclón térmico centroeuropeo: Aparece en inverno con tempo seco e soleado, pero con frío intenso.O aire en contacto coa superficie xeada do continente europeo pesa, está a máis presión e descende. O mesmo pasa co anticilón térmico que aparece en inverno sobre a Meseta que dá lugar ás xeadas e ás néboas de irradiación no interior peninsular e nas cuncas fluviais.
  • Depresión sahariana: Formada no verán. Tempo moi cálido e seco.  O aire aquí, en contacto cunha superficie quente, pesa menos e ascende, creando unha situación de baixa presión. Dá lugar as calimas e ás vagas de calor con treboadas no interior peninsular.
  • Depresión no Golfo de Xénova que acontece ao remate do verán nun Mediterráneo moi quente 


Factores termodinámicos

A traxectoria do Jet Stream. Corrente que discorre entre os 9 e os 11 km de altura e que separa as altas presións subtropicais das baixas presións polares ou, o que é o mesmo, o aire frío polar  do aire quente tropical. Corrente que describe un trazado zonal de oeste a leste a máis de 300 km/h. As veces, ao perder velocidade (150km/h) ondúlase, dando lugar á baixada de aire frío a latitudes moi meridionais (valgadas) e ao ascenso de aire quente a latitudes septentrionais (crestas ou dorsais).

Se o aire frío quedara estrangulado, embolsado en altura, tería lugar o fenómeno da gota fría ou DANA que se traduce en intensas precipitacións. Moitas veces ese fenómeno aparece localizado no Levante español, en outono, cando o Mediterráneo está quente polo calor do verán. Desa diferencia de temperatura entre a superficie e a altura, ten lugar un período de intensas precipitacións que produce desbordamentos de ríos e inundacións.

A fronte polar. Unha superficie que separa dúas masas de aire de diferente natureza que chocan producindo unha fronte de perturbacións. Primeiro chega a fronte cálida que se manifesta cun ceo cheo de nubes e orballo. Despois chega a fronte fría que despraza o aire quente dando lugar a chuvias máis fortes e unha baixada das temperaturas. O paso das frontes en superficie ten unha correspondencia en altura coa traxectoria en altura do Jet Stream, de forma que, no inverno, cando a súa traxectoria é zonal e máis ao sur do habitual entran as frontes do Atlántico sen oposición sobre a Península 

Tipos de tempo en España. Inverno e situacións equinocciais.

Situación de dominio do anticiclón térmico sobre Centroeuropa cuxo radio de acción chega á P.Ibérica. O jet stream leva unha traxectoria ondulante, pero lonxe da península. Tempo frío, xeadas e ceos despexados, con posibilidade de néboas persistentes na Meseta

Temporal do noroeste de finais do outono. Hai unha borrasca moi profunda nas Illas Británicas reforzada en altura co paso do jet stream. O vento do noroeste é frío e húmido dando lugar a mal tempo con abundantes precipitacións e fortes ventos.

Temporal con chegada de aire ártico. A localización nas Illas Británicas dun potente anticiclón, nos meses centrais do inverno, coincidindo cunha borrasca no Mediterráneo canaliza aire do norte que descende cara latitudes mediridionais de Europa. Esta situación aparece refozada en altura pola traxectoria ondulante do jet stream.

Temporal con chegada de aire do oeste. Frecuente nos equinoccios. A localización ao oeste das Illas Británicas dunha borrasca bastante profunda que ten asociada unha serie de fontes fríos que van sucedéndose no seu paso pola península. En altura o jet stream ten unha traxectoria zonal en latitudes meridionais moi propia do inverno.

Temporal do suroeste. Frecuente nos equinoccios. A localización ao oeste da península dunha borrasca bastante profunda que ten asociada o paso dun  fronte cálido e outro frío dá lugar á chegada de aire do suroeste quente e moi húmido que deixará abundantes precipitacións e fortes ventos na metade occidental da península. En altura tradúcese co paso dun ondulante jet stream.

Gota fría. Frecuente nos equinoccios. A traxectoria ondulante do jet stream dominante nos días anteriores finaliza, recuperando o seu fluxo zonal, pero deixando descolgado un embolsamento de aire frío en altura que dará orixe a fortes precipitacións. 

Tipos de tempo en España. Verán

Baixa térmica sobre a Península Ibérica. Froito do intenso calor do verán resulta frecuente que no interior de España aparezan as treboadas por mor do ascenso vertical do aire. Esta situación en altura presenta un dominio das altas presións. 

Tempo seco e soleado. O anticiclón ds Azores domina sobre a península e exerce de cuña para evitar que nos afecten as frontes do norte de Europa relacionadas co fluxo zonal veraniego do jet stream

Vaga de calor. A situación de pantano barométrico, con poucas isobaras sobre a península, propicia a chegada de aire africano do sur, tropical seco e moi quente que elevará as temperaturas no sur, Levante e centro peninsular.

Temporal no Levante relacionado cunha baixa no Mediterráneo, mentres o resto está baixo a acción dun potente anticiclón situado nas Illas Británicas. Os ventos dominantes son do leste.

Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical.


O mapa de distribución dos dominios climáticos en España.

Podemos ver como hai un dominio claro do clima mediterráneo continentalizado ou de interior.

Clima temperado oceánico

Este climograma correspóndese con Pontevedra. Estamos nas Rías Baixas onde temos un clima temperado oceánico, pero con matices como logo poderemos ir vendo. Este clima oceánico, de fachada occidental do continente europeo, esténdese por Galicia e pola fachada cantábrica.

No caso que nos ocupa podemos ver como a temperatura media é de 14'8 º. Estamos na zona meridional da zona temperada onde podemos gozar dunha temperatura media moi agradable lonxe da calor tropical e lonxe tamén dos fríos polares. O efecto suavizador do océano é evidente tamén na pouca oscilación térmica (11º). Os invernos son suaves (> 5º) e os veráns frescos (< 22º). Estas características proporcionan poucos días de xeadas, salvo no interior, onde a partires dos 500 metros a suavidade climática experimenta unha certa continentalización. Estas xeadas teñen que ver moito co vento do NE en situacións onde domina o anticiclón europeo. A situación máis frecuente no inverno é a chegada de masas de aire quentes do SW que introducen temperaturas moi suaves. Pola contra no verán son frecuentes os ventos do N- NW que refrescan as temperaturas estivais.

As precipitacións son abundantes ou moi abundantes como é o caso que nos ocupa (1691 mm.anuais) repartidas regularmente en todo o ano especialmente no inverno . No verán, as precipitacións descenden, pero non deixa de chover. Estas chuvias son de natureza advectiva ligadas ao paso das frontes e borrascas atlánticas. O choque de masas de aire quente tropical coas masas de aire frío polar xeran unha serie de frontes que coinciden en altura co paso do Jet Stream. No verán, esta corrente en chorro ascende en latitude, pero se o anticilón das Azores non o impide pode rozar pola parte norte peninsular o paso da cola das frontes.

Con todo, nas Rías Baixas, hai un certo grao de mediterraneización que se traduce en máis horas de sol, en temperaturas máis altas en todo o ano e nun verán que no mes de xullo e agosto móvense nos límites da aridez. 

Como consecuencia de todo isto, podemos ver o dominio do bosque atlántico termófilo, moi transformado, neste caso, pola acción antrópica, a landa e uns ríos caudalosos e regulares que non obstante baixan bastante o seu caudal no verán.



Clima temperado mediterráneo costeiro.

A temperatura media é moderada, se ben xa estamos en valores próximos a altos o que nos indica que estamos na parte meridional da zona temperada onde o influxo do anticiclón das Azores, a calor africana e do mar Mediterráneo xa se deixan sentir. Os invernos son suaves e os veráns calurosos. A oscilación térmica é moderada e non moi elevada o que nos indica o factor marítimo suavizador das temperaturas extremas.

As precipitacións están comprendidas entre os 450- 700 mm., moderadas. O vento húmido é do levante, especialmente no outono, coincidindo coas valgadas de aire polar marítimo e a propia cicloxénese do Mediterráneo, as depresións do Golfo de Cádiz e do Golfo de Xénova. O máximo pluviométrico acontece no outono, mes de outubro, e ten un maximo secundario na primavera. A chuvia é torrencial provocando o desbordamento dos ríos e inundacións. Esa precipitación ten moito que ver con embolsamentos de aire frío en altura, mentres que na base hai un ascenso rápido do aire quente. Son as denominadas DANAs (Depresión aisladas en niveles altos). A finais do verán non son infrecuentes os fenómenos de tornados. Rexistra cinco meses de aridez o que nos indica a necesidade de aproveitar ben os recursos hídricos.

Este clima localízase na franxa litoral e prelitoral da costa mediterránea. Oscila entre a aridez extrema do SE español ata unha precipitación entre moderada e alta da costa xerundense.

Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical.

Clima temperado mediterráneo continentalizado

Na Submeseta Norte os invernos son moi fríos con frecuentes néboas de irradiación. Os veráns, polo efecto da notable altura media da meseta non son tan calurosos como na Submeseta Sur. As precipitacións oscilan entre 325 - 600mm.

 As chuvias invernais teñen lugar coas borrascas atlánticas.

Clima subtropical de Canarias

 Este climograma de Las Palmas de Gran Canaria é unha boa mostra do clima subtropical das Illas Canarias.
A temperatura media de 20'5 xa nos indica que estamos en latitude tropical ou moi próxima a ela como é o caso. Esa influencia advírtese nos invernos cálidos (> 12º) e os veráns calurosos (>22º) con moi pouca oscilación térmica (6'6º).  Afectada a maior parte do ano polo anticiclón das Azores o tempo seco e soleado domina gran parte do ano. Con todo, hai unha serie de condicionantes locais que suavizan as temperaturas en comparación coas terras africanas do Sahara situadas na mesma latitude que Canarias o que fai moi agradable o clima das illas. Facemos referencia a dous factores que refrescan as temperaturas: á circulación do alisio do NE, máis patente no lado norte das illas, e o paso dunha corrente fría, a corrente fría de Canarias.

As precipitacións son moi escasas (118 mm anuais), indicativo dese dominio anticiclónico, con aridez todo o ano, pero isto acontece nas zonas ao nivel do mar. Na partes altas as precipitacións poden chegar aos 1.000 mm nas vertentes de barlovento expostas ao alisio do NE acontecendo entón o denominado mar de nubes que introduce  unha disimetría entre o lado norte das illas máis regado e o sur, árido e desértico. Unha vez máis outro factor xeográfico condiciona o clima dos lugares: a disposición do relevo.
As Illas Canarias ten unha vexetación endémica, propia, insular e moi variada que se distribúe en pisos. Na parte baixa, atopamos unha vexetación xerófila, adaptada á seca, con especies como a tabaiba, cardón ou o drago. No piso termocanario, atopamos o bosque de laurisilva e por riba, no subalpino, o  piñeiro canario. Máis arriba o dominio das plantas rupícolas

O nivel de aridez impide a circulación regular de cursos de auga, pero cando chove provoca torrenteras agravadas polo abrupto do relevo volcánico 

Clima de montaña

O efecto da altura dá lugar a invernos moi fríos e veráns frescos cunha notable oscilación térmica. A nivel de precipitacións, estas son moi abundantes, especialmente na aba de barlovento

Factores da diversidade bioxeográfica en España

A nosa posición xeográfica

A súa localización entre dous continentes de diferentes características como son Europa e África; os seus máis de 7.000 Km de costa bañados por un mar tan quente como o Mediterráneo e un océano tan inmenso e de tanta actividade en intercambio de enerxía como o Atlántico; catro climas diferentes cos seus matices internos froito da existencia de variantes de ámbito local, creando áreas de transición entre uns dominios climáticos e outros. Para finalizar a presenza dun relevo variado.

15 parques nacionais para preservar a biodiversidade

España é o país europeo con maior biodiversidade e con máis superficie protexida. En 504.645 km cadrados de superficie, gozamos de 15 parques nacionais, 52 Reservas da Biosfera, 10 xeoparques da UNESCO, máis de 170 parques naturais e zonas de especial protección de aves e conservación da Rede Natura 2000. Convivimos con máis de 50.000 especies animais e máis de 10.000 especies de plantas diferentes. Somos o habitat para máis do 50% das especies animais e o 80% das vexetais de Europa. O noso territorio alberga 121 tipos de hábitats diferentes (datos da Rede de Goberno Locais +Biodiversidade).

Un país con numerosos contrastes e endemismos

O noso privilexiado punto de partida retrotraese ás glaciacións que cubriron de xeo o continente europeo mentres  España gozaba dunhas condicións climatolóxicas máis benignas que a converteron  en refuxio de plantas e animais. 

É o país europeo con máis variedade de mamíferos e réptiles e o terceiro en anfibios e peces. España tamén destaca por ser o país europeo con  maior porcentaxe de especies ameazadas segundo a Red List da Unión Internacional pola Conservación da Natureza, IUCN.

Cinco ameazas á biodiversidade que deberíamos combater provocados pola acción antrópica: a destrución e degradación de hábitats; as especies invasoras; a sobreexplotación de especies, a contaminación e o cambio climático. 

As paisaxes vexetais: atlántica, mediterránea, canaria e de montaña

Bosque atlántico

Propia do clima oceánico. As especies características son frondosas de folla caduca. Destacan o carballo, no piso basal, e as faias a maior altura. O rebolo ou o caxigo son frondosas marcescentes dominantes nas zonas de transición ao mediterráneo. Outras especies de carácter secundario son o castaño, freixo, tileiro, olmo e abeleira. Hai un sotobosque formado por fentos e musgos.

Bosque mediterráneo

Vexetación xerófila adaptada a sequedade.

O bosque perennifloio ten como especies máis características ás aciñeiras e as sobreiras.

O piñeiro é unha especie secundaria que se adpata con facilidade as condicións extremas. A matogueira é resultado dunha degradación do bosque clímax: xaras, xestas, lentisco ou breixo...

Bosque canario

Mestura de influencias: mediterráneas, africanas e do Atlántico sur. Presencia de especies endémicas (exclusivas de Canarias) e de reliquias (restos dunha flora dominante noutro tempo)

A orixinalidade da vexetación canaria baseáse na sucesión de pisos de vexetación que mudan coa altura a medida que ascendemos polo relevo. Destacan o bosque de laurisilva e o piso dominado polo piñeiro canario

.

Cliserie de montaña

Na montaña a vexetación disponse en pisos . Cada piso presenta formacións vexetais diferentes en función da altura. 

Na parte máis baixa ata os 1.200 metros: bosque de aciñeiras e carballos.

No piso subalpino, entre os 1.200 e os 2.400 metros: Coníferas: abeto, piñeiro negro, piñeiro silvestre. Soutobosque: arandeira, rododendro.

No piso alpino: 2400 - 3.000: prados . Presencia de plantas rupícolas entre os canchais.

No piso nival: Por riba dos 3.000 metros: Liques e musgos

 A HIDROGRAFÍA

Esquema
4.1. Cuncas hidrográficas e tipos de réxime fluvial.
4.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras.
4.3.  Problemática  dos  recursos  hídricos:  transvases,  desalinización,  recuperación  de  acuíferos, saneamento dos ríos.


Cuncas hidrográficas e tipos de réxime fluvial

As cuncas hidrográficas en España


Réxime fluvial nival

Propio dos ríos de alta montaña en cotas superiores a 2500 m. O momento de máximo caudal ten lugar a final da primavera inicio do verán, cando se produce o desxeo. As augas proceden da fusión da neve. Pasado ese momento o caudal dos ríos de montaña adoita ser moi pobre. No inverno ten lugar o momento de augas baixas ao quedar retida a precipitación pola neve e o xeo.

Réxime fluvial pluvial oceánico

Os ríos da vertente cantábrica e do noroeste peninsular teñen as augas altas no inverno coincidindo co constante paso das perturbacións atlánticas que deixan abundantes precipitacións. No verán descende o caudal, cunha notoria estiaxe, se ben son ríos regulares que levan auga todo o ano por mor do transporte que protagonizan os numerosos afluentes que alimentan aos ríos principais. 

Cuncas hidrográficas e tipos de réxime fluvial


Réxime fluvial pluvial mediterráneo puro

Os ríos da vertente mediterránea que desembocan no litoral levantino teñen un caudal irregular e moi pobre a maior parte do ano, experimentando unha estiaxe no verán que deixa o leito seco, o que os cataláns denominan ramblas. Tan só prodúcense augas altas no momento das chuvias equinocciais de outono e primavera coincidindo coa inestabilidade no Mediterráneo causado por situacións de gota fría. Así pois, presentan dous momentos de augas altas. Esas chuvias torrenciais provocan desbordamentos dos ríos e inundacións 

Réxime fluvial pluvial mediterráeno continentalizado

Son ríos de estiaxe longa e pronunciada no verán con augas altas na primavera e no outono. Localízanse no interior peninsular.

Réxime fluvial pluvial subtropical

Son ríos da zona máis árida de España. O seu caudal é moi pobre e irregular con estiaxe moi prolongada (sete meses) augas altas unha vez ao ano nos meses de febreiro e marzo. 

O réxime nivo-pluvialNeste caso o caudal dos ríos débese fundamentalmente á fusión da auga contida na neve (as augas altas acontecen en maio) se ben tamén toma importancia a auga procedente da precipitación polo que a estiaxe estival non é moi profunda. Moitos destes ríos son afluentes do Ebro. O río Segre podería ser un bó exemplo.

Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras.

Dous tipos de lagos:

a- Endóxenos: orixinados por forzas do interior da Terra. Lagos tectónicos (Janda) ou lagos volcánicos ( Campo de Calatrava)

b- Esóxenos: Formados pola erosión do xeo , auga ou o vento:

  - Glaciais: lagos pirenaicos( aprox. Máis dun millar) ou lagos como o de Sanabria

  - Lagos conectados a acuíferos cársticos: Lagoas de Ruidera.

  - Arreicos:As augas non teñen forza para chegar ó mar e acumulánse en zonas deprimidas: Lagoas de A Mancha

   - Eólicos: Closes do Ampurdán

   - Litorais: Albufeira de Valencia. Lagos salgados polo aillamento do mar por un cordón litoral

 Os humedais

Cubertos por augas pouco profundas ou mesmo intermitentes: lagoas, marismas, deltas, albufeiras. Teñen un grande interese biolóxico. Parada de aves migratorias.
O cambio climático ameaza estes espazos, como é o caso do Delta do Ebro

Problemática  dos  recursos  hídricos:  transvases,  desalinización,  recuperación  de  acuíferos, saneamento dos ríos.


Os principais usos da auga son: agrícolas ( 67%) cun aumento dos consumos para a rega tras a transformación de moitas terras de secano en regadío (un 14% das terras cultivadas que achegan o 50% do valor da producción agraria), industriais ( consumo de enerxía eléctrica que motivou a construcción de centrais hidroeléctricas, un 19%), consumo urbano( 14%), para evacuación de refugallos ( provoca deterioro desas augas) e finalmente, actividades secundarias como pesca, navegación,etc.

O balance hídrico, no caso español, é  positivo.  Os recursos dispoñibles a base de encoros, presas, pantanos é de 54.000 hm3, que corresponden con 1.024 encoros que recollen o 50% da auga que transportan os ríos fronte a unha demanda de 37.029 hm3. Estes datos deberían ter unha lectura positiva senón fora que a lectura por cuncas reflicte unha situación moi desequilibrada 

 Problemas :

a-As dispoñibilidades da auga proceden da auga dos ríos e estes caracterízanse pola irregularidade estacional  e interanual e sobre todo pola desigualdade na distribución espacial. Hai concas nas que sobra a auga (norte, Ebro, Douro ,Texo) concas en equilibrio precario( Guadiana, Júcar, Canarias, Pirineo Oriental)  e outras con déficits ( sur e Mediterráneo).

b- A demanda concéntrase en zonas nas que hai escasos recursos hídricos.

c- A actual rede de encoros resulta insuficiente para cubrir a demanda

d- Perdas de auga debido a utilización dos sistemas de rego e fugas

e- Contaminación das augas que afecta a auga embalsada polo uso de fertilizantes agrícolas e usos industriais

 

Transvases,  desalinización,  recuperación  de  acuíferos, saneamento dos ríos. 

Transvases

No noso país, para intentar asegurar o abastecemento da poboación e o regadío, empregáronse tradicionalmente infraestructuras de regulación e de transporte de auga, como son os encoros e transvases. Os encoros proporcionan 4/5 partes da auga que consumimos. Os transvases complementan aos encoros permitindo distribuír os seus recursos máis alá da súa propia cunca hidrográfica, abastecendo a grandes núcleos de poboación (Barcelona, Bilbao, Cádiz, Huelva, Murcia o Valencia) e zonas regables de grande productividade. Tamén se utilizan con fins ambientais, suministrando a humedais como as Táboas de Daimiel (Transvase Tajo-Guadiana); ou evitando a sobreexplotación de acuíferos (Transvase Júcar-Vinalopó). Además  son grandes xeradores de emprego nos sectores turístico e agroalimentario.
A pesar dos beneficios expostos, os transvases foron e son obxecto dunha gran polémica nos últimos lustros, alimentada principalmente por tensiones territoriais e medioambientais.

Desalinización

Na actualidade, en España hai instaladas un total de 765 plantas desaladoras con producións superiores aos 100 m³/día. Delas, 360 son desalgadoras de auga de mar e 405 de auga salobre.
En canto a súa produción, 99 son de gran capacidade. Consideranse plantas de grande capacidade aquelas que teñen unha produción de entre 10.000 y 250.000 m³/día. Delas, 68 son de auga de mar e 31 de auga salobre.
España é un dos países do mundo que máis auga desalgada produce. Actualmente ocupa o cuarto país en canto a capacidade instalada, é dicir, a capacidade de produción de todas as plantas desalgadoras construídas no noso país, só por detrás de Arabia Saudí, Estados Unidos e Emiratos Árabes Unidos.

Recuperación de acuíferos e saneamento de ríos

As augas subterráneas son un dos recursos hídricos máis importantes en moitas rexións de clima mediterráneo. Estas áreas están expostas a unha grande variabilidade nas precipitacións, con episodios de seca frecuentes e unhas taxas elevadas de evapotranspiración e de demanda de auga durante as épocas de seca. Ademáis, os recursos hídricos subterráneos de moitas áreas costeiras mediterráneas tamén están sometidos á presión crecente do turismo.
Os acuíferos teñen unha grande capacidade de regulación de forma natural, pero a súa explotación sen unha planificación axeitada é causa do seu esgotamento e deterioro da calidade da agua. A solución, pasa pola recarga artificial. En España desenvolvéronse varios tipos de dispositivos de recarga artificial. En Cataluña predominan dispositivos de infiltración por pozos e sondaxes na chaira aluvial dos ríos, escarificación do leito e incluso unha  sondaxe de infiltración profunda. No resto do arco mediterráneo e illas Baleares predominan os pozos, galerías e balsas de infiltración, con abundantes diques de retención.
Máis tarde é extraída e empregada para diferentes usos como abastecemento e rega, xeralmente cunha calidade mellorada.
Os sistemas de saneamento son indispensables para que a auga residual procedente de viviendas, industrias, municipios, poidan sanearse, depurarse e reutilizarse para ser finalmente devolta aos ríos e evitar que altere a contorna.
Dun total de 4.390 masas de auga tipo río que hai en España, só o 55%  considérase que están en bo estado ecolóxico; un 43% suspenden en calidade e un 2% están sen monitorizar.


As paisaxes naturais e as relacións entre natureza e sociedade

Esquema:
5.1 A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes.
5.2 O patrimonio natural español e categorías de protección.
5.3 Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación,
quecemento global, pegada ecolóxica.
5.4 Respostas e solucións cara a sustentabilidade

A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes.

Definición de paisaxe

O concepto de paisaxe defínese cientificamente como unha porción da superficie terrestre, estruturada pola interconexión dos seus elementos “abióticos, bióticos e antrópicos” que evolucionan en bloque dinamizada polas enerxías naturais e antrópicas.  As paisaxes evolucionan no tempo e son producto dun contexto social determinado. Resumen os valores, as percepcións e  as sensibilidades das sociedades que os habitan.
Di o xeógrafo Martínez de Pisón que as paisaxes son as configuracións dos espazos xeográficos, que, ademais de exercer funcións territoriais básicas, son capaces de ter intensas influencias morais e culturais. É un asunto de percepción e de representación, a paisaxe constitúe un complexo vivo de formas que cristaliza, se articula, late e repousa sobre un sistema de condicións e relacións xeográficas.  A paisaxe é algo dinámico. Este entendemento da paisaxe adquire valores particulares cos significados, cos sentidos culturais outorgados pola arte, polo pensamento, pola ciencia, polos mitos, as referencias antropolóxicas, os usos, pola súa personalidade, pola súa capacidade, a súa modalidade e a súa resistencia física, pola súa beleza, pola identificación nel dun pobo que o habita. A paisaxe está filtrada pola cultura. 

Paisaxe, recurso común

Segundo o Convenio Europeo da Paisaxe a calidade e a diversidade de paisaxes son un recurso común que debemos xestionar, ordenar e protexer. A paisaxe contribúe a crear unha identidade territorial e polo tanto debe ser considerado como unha forma máis de patrimonio. Estamos ante un elemento esencial para medir a calidade ambiental dun lugar. Manifestación da relación entre a poboación e o seu territorio, aqueles lugares que valoran este recurso crean entornos sustentables en equilibrio entre os intereses económicos e o coidado do medio. As políticas que incentivan unha educación da mirada baseada no coñecemento do territorio promoven a protección dos recursos, pero tamén buscan un equilibrio social e cultural. A paisaxe constitúe un recurso favorable para a actividade económica e a súa protección e xestión son unha fonte de creación de emprego. Consolida unha identidade e aparece como un elemento fundamental  do patrimonio natural e  cultural. Contribúe ao benestar individual e social cando se fai un uso sustentable do mesmo. Aporta emocións positivas e é un valor para as xeracións futuras.

Paisaxe, interpretación e transformacións recentes

As paisaxes poden ser naturais cando non foron transformadas ou explotadas polo ser humano. A súa diversidade está determinada por factores exclusivamente naturais: clima, relevo, tipo de solo.
As paisaxes humanas, a inmensa maioría, son aquelas nas que hai unha transformación da paisaxe natural cun fin económico. Neste caso aparecen as paisaxes agrarias, industriais ou urbanas. Neste caso hai unha análise dos elementos abióticos que son as rochas, o tipo de relevo, as augas; os elementos bióticos, é dicir a flora e a fauna e, por último, a acción antrópica que leva ao ser humano a roturar a terra, a substituír as especies autóctonas por outras con exclusivos fins económicos, a crear cidades, infraestruturas ou espazos industriais. Á hora de interpretar a calidade das paisaxes terase en conta o cromatismo, a continuidade das masas arbóreas autóctonas, as formas e a existencia de elementos integrados na paisaxe.
Nesta actuación antrópica hai transformacións moi agresivas co medio que levou ao Consello Europeo da Paisaxe a falar da necesidade de protexer e preservar aquelas paisaxes que son equilibradas e que durante moitos anos crearon formas depuradas de construír, de obter espazos agrarios (caso das devesas extremeñas), de relacionarnos co medio.

O patrimonio natural español e categorías de protección.

Figuras de protección. Os Parques Nacionais

Na lexislación española hai catro figuras de protección sobre o medio natural: os Parques Nacionais, os Parques Naturais, as Reservas Naturais , os Monumentos Naturais. Os Parques Nacionais son de xestión compartida entre o Estado e as CCAA. Hai un total de 14 parques que protexen áreas pouco transformadas pola actividade humana, que merecen ser conservadas pola beleza das súas paisaxes, a importancia e singularidade dos seus ecosistemas ou da súa xeomorfoloxía.
No ano 1916 mediatizado por criterios puramente conservacionistas ( mentalidade que predominou ao longo de todo o século) aparece a Lei de Parques Nacionais. Daquela valorábase a singularidade paisaxística das áreas de alta montaña. Un exemplo: Covadonga ou  Ordesa. A mediados de século a estes intereses sumáronse os valores turísticos polo que o interese foi cara os paisaxes das Illas Canarias. Máis tarde, nos anos 80 aparecera un criterio máis relacionado coa importancia faunística, de vexetación e humedais do lugar.

Os Parques Naturais

Os Parques Nacionais son xestionados polas CCAA, teñen interese por ser áreas naturais  pouco transformadas pola explotación humana que, en razón da beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos a conservar. Nos parques naturais  promóvense os aproveitamentos tradicionais compatibles coa conservación dos recursos naturais e iniciativas dde turismo rural. En España existen actualmente 100 parques naturais. O desenvolvemento local elexiu os parques naturais como ámbitos de actuación para captar os Fondos Estructurais europeos: investimentos en infraestructuras, saneamentos, equipamentos..

As Reservas Naturais e a política ambiental española

Máis de 600.000 ha son Reservas Naturais. Son espacios fráxiles e vulnerables. Merecen destacarse as Reservas da Biofesra da Unesco. Necesidade de conciliar a preservación da diversidade biolóxica e dos recursos co seu uso sustentable. Constitúen lugares excepcionais para a investigación, a observación a longo prazo, a formación, a educación e a sensibilización do público, permitindo ao mesmo tempo que as comunidades locais participen plenamente na conservación e o uso sustentable dos recursos. A protección dun lugar excepcional debe ir acompañada da busca da mellora económica e mantemento dos valores culturais asociados ao lugar de interese. 


Outras figuras de protección.
Neste apartado podemos atopar unha representación da Rede Natura 2000, concretamente de Zonas Especiais de Conservación e dos Monumentos Naturais. A Rede Natura 2000 é a ferramenta máis importante da  política  de  conservación  da  biodiversidade  da Unión Europea. 

As Zonas Especiais de Conservación, son lugares de importancia comunitaria declarados e aprobados pola Comisión Europea e sometidos a unha declaración formal pola Comunidade Autónoma. Esta última vese obrigada a aplicar as medidas de conservación necesarias para o mantemento ou restablecemento dun estado de conservación favorable dos los hábitats naturales.
A política ambiental española segue un criterio de prevención e de planificación buscando unha harmonización entre as actividades económicas e a conservación da biodiversidade. Unha cuádruple perspectiva: paisaxes, ecosistemas poboacións e xenes. 

Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, quecemento global, pegada ecolóxica.

Contaminación do aire

Cada vez é máis evidente a relación entre o actual modelo económico e de produción e os impactos sobre a saúde e o medio ambiente.
Os productos máis contaminantes son o monóxido de carbono, o dióxido de carbono, o dióxido de sofre, o óxido de nitróxeno , as partículas de pó e fume e o cloro.

As consecuencias: chuvia ácida, diminución da capa de ozono, o efecto invernadoiro e o smog.

A- Chuvia ácida: as emisións de sofre e nitróxeno do carbón ou do fuel mestúranse co vapor de auga transformándose en ácido sulfúrico e ácido nítrico.

B- A diminución da capa de ozono, protectora dos raios ultravioleta, débese ás emisións de cloro dos refrixerantes. Consecuencias: cancro de pel, cataratas. 

C- O efecto invernadoiro provocado pola emisión de gases como o metano e o dióxido de carbono atrapando a calor que é reflectida dende a superficie. Consecuencia : aumento da temperatura da Terra , provocando cambios climáticos 

d- O smog: Pó e fume en suspensión que acaba por viciar o aire respirado nunha cidade dando lugar a enfermidades pulmonares e alerxias.
O 75% das emisións de dióxido de nitróxeno nas cidades débese ao tráfico. Cada ano máis de 400.000 persoas morren prematuramente na UE como resultado dunha pobre calidade do aire, e unha grande cantidade de poboación sofre problemas respiratorios e cardiovasculares. En España casi 9.000 mortes prematuras son atribuibles cada ano ao NO2.

Deforestación e contaminación dos solos

A redución da superficie forestal ten como principais culpables:

a- A ampliación da superficie agraria e de pastos para a gandería 

b- O crecemento das cidades nos seus entornos periurbano e, as obras de infraestructura. 

c- Os incendios forestais. 

Unha consecuencia da desaparición da coberteira vexetal é a aceleración dos procesos erosivos e a degradación dos solos. Así mesmo o abuso nas talas, pastoreo excesivo e utilización intensiva dos fertilizantes e praguicidas acaban por esgotar a capacidade do solo dando lugar a unha aceleración da desertificación máis grave no val do Guadalquivir, SE español e o Levante. Un 57% do solo en España ten perdas alarmantes de solo fértil. A contaminación do solo ven polo uso de fertilizantes químicos que se filtran producindo unha contaminación no subsolo dándolle unhas características tóxicas ao solo.

A sobreexplotación das augas e a súa contaminación

A sobreexplotación vén como consecuencia da actividade industrial, urbana e, sobre todo, agrícola . O esgotamento de acuíferos e a súa contaminación son un problema, así como a salinización da auga

A contaminación das augas provén dos refugallos da industria (proliferación de algas tóxicas e metais pesados venenosos, mareas negras), das actividades agrarias:(uso de praguicidas e fertilizantes químicos, pozos negros) e da actividade urbana ( augas fecais , vertedoiros incontrolados e os seus lixiviados )

O quecementos global e a pegada ecolóxica

O quecemento global

Dende a industrialización levada a cabo durante o século XX, a temperatura do noso planeta aumentou 0,6ºC e o nivel do mar subiu de 10 a 12 cm. O maior risco de lumes, a falta de auga potable, as inundacións, as secas e a perda de colleitas estarán sobre a mesa nun futuro cada vez máis  próximo.
A posibilidade de que o nivel global do mar suba tres metros de aquí ao ano 2100 é real. Se o nivel do mar subise tres metros, unha gran parte de Barcelona, Málaga, A Coruña ou Santander  veríanse inundadas, Doñana perderíase, ao igual que a maioría das Rías Baixas, e o delta do Ebro desaparecería.
O 74% do solo español está en proceso de desertización e  prevese que un 20% do que hoxe está a salvo veráse en risco dentro de 50 anos. Andalucía, Extremadura, Castela- A Mancha e prácticamente todo o Levante xa presentan unha grande proporción de solo con susceptibilidade de degradarse. Isto afectará negativamente ás actividades agropecuarias e os ecosistemas acabarán visiblemente afectados.
O aumento de temperatura da auga, a acidificación do océano e o cambio que están experimentando as corrientes mariñas están modificando a distribución das especies. Tanto o Cantábrico como o Atlántico ven como os seus peixes atópanse cada vez máis ao norte.
As especies invasoras están destruino a biodiversidade do noso país debido ás novas condicións climatolóxicas. Un exemplo é o mexillón cebra, 

A pegada ecolóxica

Este indicador biofísico de sostenibilidade integra o conxunto de impactos humanos sobre a súa contorna, considerando tantos os recursos necesarios como os residuos xerados para o mantemento do modelo de consumo da comunidade.

A pegada ecolóxica defínese como o total da superficie ecolóxicamente produtiva necesaria para producir os recursos consumidos por un ciudadano medio dunha determinada comunidade humana, así como a necesaria para absorber os residuos que xera, independientemente da localización de estas superficies. Evalúa o impacto sobre a Terra dun determinado modelo ou forma de vida e, consecuentemente, o seu grao de sostenibilidade.
 A pegada ecolóxica por habitante medio en España situábase, segundo datos do 2005, en 6,4 ha. globais de territorio produtivo, o que supera 2,6 veces a biocapacidade do territorio. Este resultado indica que se necesitan casi tres veces a superficie de España para manter o nivel de vida e poboación actuais do noso país.

Estos valores, considerados nol contexto internacional, son elevados, e a pegada ecolóxica de España ocupa os primeiros postos entre os países europeos. Se temos en conta que a biocapacidade mundial sitúase nunhas 1,78 has. por habitante, a conclusión é que se todos os habitantes da terra adoptasen o modelo de consumo do cidadán medio español, serían necesarios dous planetas e medio máis, ademais do actual, para satisfacer as súas necesidades.

Respostas e solucións cara a sustentabilidade


Solucións dende a economía

Lograr a transición energética, sustuíndo os recursos fósiles por enerxía limpa e renovable. Isto esixe eliminar os actuais subsidios aos recursos que danan o medio ambiente (programando alternativas de traballo) e dar vantaxes fiscais ás enerxías renovables  e descentralizadas

Incrementar a eficiencia de aparatos, sistemas e procesos, favorecendo o aforro enerxético e reducindo o consumo doutros recursos básicos (auga, solo cultivable…)

Incrementar, en particular, a eficiencia dos edificios (que poidan converterse en xeradores locais de energía), priorizando as rehabilitacións  (illamento térmico, sistemas de ventilación…)  e o deseño urbano sostible para unha mellor eficiencia enerxética, redución da contaminación, etc.

Desenvolver formas de almacenar a enerxía procedente de fontes renovables que faciliten a conversión dos suministros intermitentes de estas fontes de enerxía en recursos permanentes (hidróxeno, pilas de combustible…)

Desenvolver redes intelixentes de distribución de enerxía eléctrica.

Impulsar formas de transporte sostible e fortalecer as infraestructuras axeitadas

Promover políticas alimentarias sostibles que contemplen toda a cadea, desde a produción, almacenamento e transporte ata o consumo, evitando a degradación ambiental da agricultura industrial (que concentra a terra en poucas mans e practica o monocultivo) e garantindo unha produción diversificada e sostible  e o benestar campesiño, dotando de servizos ao mundo rural (a agricultura segue sendo o sector que máis emprego xera a escala planetaria)

Impulsar a investigación e innovación en proxectos sostibles.

Medidas de protección do medio

Cumprimento da normativa europea en materia medioambiental. Unha aplicación e cumprimento das leis para a protección efectiva do medio ambiente.

Protección e restauración dos ecosistemas (infraestruturas ecolóxicas, áreas terrestres e marítimas protexidas) e defensa da biodiversidade, evitando as extraccións depredadoras e favorecendo o uso sostible dos servizos ambientais, imprescindibles para o benestar humano.  


Políticas medioambientais que combinen a protección dos ecosistemas mellor conservados e 

a dinamización das áreas vencelladas a actividades humanas tradicionais e sustentables.

Combater todas as formas de contaminación e realizar unha axeitada redución e xestión de residuos.

Mitigación e adaptación ao cambio climático.  Ambición para acadar emisións netas 0 en 2040 e  incorporación de todos os sectores na transición ecolóxica da economía. 


Favorecer o turismo sostible, respectuoso co medio ambiente e a diversidade biolóxica e cultural.

Transición da agricultura e gandaría industriais cara un modelo agroalimentario baseado na agroecoloxía e a soberanía alimentaria.

Favorecer desde o local modelos de produción e consumo sustentable. 



Desenvolvemento e xustiza

Evitar o crecemento económico a expensas do capital natural ou os dereitos das persoas, o que esixe un cambio de modelo económico (que recoñeza os límites do planeta e non se rixa pola busca de beneficios particulares a curto prazo), que a súa vez comporta:

Desenvolver sistemas fiscais xustos, con impostos progresivos, tanto sobre salarios como sobre beneficios empresariais non reinvestidos, para garantir os bens e servizos públicos (sanidade, educación, cultura, medioambiente saudable…) e facer posible os investimentos para a creación de empregos sostibles

Establecer unha Renda Básica Universal e topes salariais (salario mínimo e máximo) vencellados ao salario medio

Combater as discriminacións por razones étnicas ou de xénero, garantindo a igualdade de dereitos e favorecendo o empoderamento das mulleres

Atender ás necesidades das persoas dependentes e valorar, en xeral, o chamado traballo reprodutivo.

Impoñer no comercio mundial o respecto das normas de protección do medio e dos dereitos dos traballadores

Combater sempre o desemprego mediante a distribución do traballo e a incorporación a procesos formativos

Regular os procesos financieiros erradicando os paraísos fiscais e introducindo taxas que combatan as transaccións especulativas

Substituir a competitividade por unha cooperación e solidaridade que beneficie a todos

Erradicar a pobreza extrema (marcada pola fame, o chabolismo…) en todo o mundo como obxectivo prioritario.

Garantía de acceso aos recursos básicos para todas as personas e as contrataciones públicas 

ecolóxicas e ssustentables.