Xeografía de 2º de bacharelato.
Humberto Martínez Gargamala
Obxectivo da páxina
Esta páxina pretende ser a base e, á vez, o complemento doutras informacións para a comprensión dos contidos que serán obxecto da proba de Xeografía nas ABAU. O uso desta páxina é exclusivamente educativo. No momento actual hai moitos traballos sobre os temas abordados aquí polo que dende este espazo abrimos múltiples fiestras para aprender máis doutros profesionais do ensino aos que agradecemos o esforzo.
A maioría das imaxes usadas nesta web teñen licenza de creative commons con posibilidade de ser usadas sempre que se cite ao autor ou se remita á páxina de orixe. Enriba de cada imaxe hai unha ligazón para saber do autor. Algunhas imaxes usadas non teñen esa licenza. Nese caso sempre vai haber unha ligazón ao lugar de onde procede a información.
Directrices do grupo de traballo de xeografía
Aquí poderás consultar os bloques de contido, os temas principais de cada bloque que serán obxecto de examen e o glosario de cada bloque temático
Contacto
Ante calquera dúbida ou suxestión non dubides en contactar conmigo